publicidade hoxe

Entréganse os X Premios Falemos da Nosa Historia de redacción en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na entrega de premios do concurso de redacción en galego ¨Falemos da nosa historia¨ que tivo lugar no Auditorio de Galicia Como cada edición, o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro convoca un concurso de redacción dirixido a escolares de 3º ciclo de Educación Primaria e de 1º ciclo da ESO de calquera centro de Galicia.

O concurso, no que colabora a Concellería de Normalización Lingüística, busca poñer en valor a ampla historia de Galicia e a historia dos galegos como comunidade humana a través da lingua.

O obxetivo do certame é descubrir a historia de Galicia a partir de ditos, refráns, modismos e lendas de xeito que os nenos e as nenas participantes teñan que facer unha pequena investigación histórica a través de libros, enciclopedias, internet e outros medios.

31 de maio de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.