Entrega de premios do Concurso de Animación con motivo do maratón

O concelleiro en compañía dos gañadores
O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, acudiu á entrega de premios do concurso de animación convocado con motivo do maratón. Os gañadores foron o grupo de baile ‘Máis que danza’, o grupo de música ‘Putos de luxo’ e o club de patinadores ‘Galicia Rollers’, que recibiron un cheque por valor de 500 euros, 300 euros e 200 euros, respectivamente. Tamén se fixo entrega dos premios do sorteo de entradas para o Talaso de Termaria.











