publicidade hoxe

Enfoque educativo integral de masculinidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

InteRed Galicia convoca o curso intensivo: “Enfoque educativo integral de masculinidades. Plan de Formación para docentes e estudantes”, que terá lugar na USC, no Campus Vida, Facultade de Ciencias da Educación, os días 11 e 12 de xuño 2013 (das 10 ás 14 e de 16 a 20 horas). O curso será impartido por dous especialistas no tema provenientes da República do Salvador.
 
O prazo de matrícula estará aberto ata o 6 de xuño, o costo do curso é de 10€ para estudantes e persoas desempregadas; 20 € para o resto de participantes.

As inscricións poden realizarse en INTERED Galicia na Praza do Matadoiro, 7 – Baixo, 15703 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 58 79 66, E-mail: galicia@intered.org ou no despacho 55, módulo B, 2º andar, Fac. Cc. da Educación, Campus Vida german.vargas@usc.es

24 de maio de 2013 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.