publicidade hoxe

Pontevedra acolle o Encontro Internacional de contadores de historias “Sete Falares”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e a intérprete teatral Tareixa Alonso presentaron esta mañá o programa do Encontro Internacional de contadores de historias “Sete Falares”, que se celebrará en numerosos emplazamentos e espazos culturais pontevedreses entre o 6 e o 9 de xuño.

Este proxecto cultural nado no ano 2012, propón un espazo único para tódolos públicos mediante o relato de historias da man de profesionais como Beatriz Montero, Celso Sanmartín, Raquel Queizas, Antonella Giraldo, Luis Correia, Quico Cadaval ou a coñecida agrupación de contacontos Pavís Pavós.

A acto de apertura, que terá lugar o venres 6 ás 20h no Pazo de Mugártegui, contará coa presenza do narrador, director, actor e adaptador teatral Quico Cadaval, quen amenizará ao público coas “Historia con Albariño” acompañado do cuarteto clarinetista 7Bis Clarinet Quartet.

A meirande parte de actividades é de balde, e ademáis, teñen presenza nesta segunda edición dúas das iniciativas máis aprezadas polo público no ano anterior: a “ruta de historias por Pontevedra” e a viaxe en barco con xantar incluido “Historias no meio do mar”.

Tódalas actividades programadas poden ser consultadas en www.facebook.com/setefalares ou na conta de Twitter @setefalares.

30 de maio de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.