publicidade hoxe

Encontro de maiores en Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónCalendarioLocal
A-
A+

O sábado día 4 de maio celébrase en Boqueixón a tradicional homenaxe ás persoas maiores que este ano cumpre a súa vixésima segunda edición.

O lugar de encontro será o Pavillón Polideportivo de O Forte co seguinte programa de actos: a partires das 10:30 os autobuses percorrerán o concello recollendo aos participantes, a continuación haberá unha misa no salón de actos do colexio para posteriormente pasar ao xantar de convivencia no que aproveitan para parrafear e encontrarse os veciños e veciñas das zonas máis alonxadas. Despois de respoñer  forzas comeza a sesión de música e animación, con agasallos para todos, sorteos, distincións para os máis lonxevos da festa….

O Concello de Boqueixón agradece a colaboración neste evento do Centro Comercial As Cancelas, El Corte Inglés e Casa Taboada.

2 de maio de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.