En xuño comezan as obras de saneamento de San Estevo de Budiño
As obras de Saneamento de San Estevo de Budiño, do Concello de Salceda de Caselas, darán comezo no mes de Xuño, tras asinar a acta de replanteo prevista para o vindeiro 29 de Maio. Así llo transmitiu ao Concello á Consellaría de Medio Ambiente na reunión de Coordinación dos traballos, celebrada recentemente, e presidida polo Alcalde de Salceda, Marcos Besada Pérez, na que participaron Alberto Bosquet, Director de Obra de Augas de Galicia, Susana Pérez, de Augas de Galicia, Pedro Cañas, Xefe de Obra de FCC, Fortunato Álvarez González, Concelleiro de Vías e Obras e Loli Castiñeira Concelleira de Abastecemento.
A obra conta cun cunha inversión de 1.521.321,40 € dividido en tres anualidades, o que a convirte na maior obra de saneamento realizada na historia de Salceda. Consta da instalación de 6,6 km de lonxitude de colectores, dos que 2,8 km corresponden á Rede Xeral e o resto á Rede Secundaria. O prazo de execución da obra é de 8 meses.
A rede dará servizo á zona industrial do Cerquido e a unhas 130 vivendas de Budiño dos barrios de Rubindo, Bouzapanda, A Lomba, A Urgueira e O Cerquido e eliminará os verquidos ás Gándaras do Cerquido, espazo protexido no Rede Natura 2000′.
A Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aprobara a Colaboración técnicofinancieira da Xunta de Galicia para a execución deste proxecto co Concello de Salceda de Caselas no Consello da Xunta do 21 de xuño do ano 2012. Trala licitación do proxecto resultou adxudicataria a empresa Fomento de Construccións e Contratas (FCC).
O Proxecto definitivo, tras sucesivas modificacións dende febreiro do 2009, fora aprobado no Pleno de Salceda o 28 de outubro do 2011.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, resaltou que “por fin se vai a executar unha obra importantísima para Salceda, xa que desta maneira quedará saneada a única zona industrial do Concello, a Área Industrial do Cerquido, onde as empresas tiñan, dende hai tempo, varias
advertencias da Confederación Hidrográfica para cancelar os verquidos que se producían ao río Tinto e ao río Louro, e boa parte das vivendas da parroquia de San Estebo de Budiño”.