Emprego organiza un novo curso sobre seguridade informática e nas redes inarámicas de telecomunicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Traballo e Benestar, a través da súa Área Formación e Emprego e en colaboración co CEMIT organiza un novo curso sobre seguridade informática e nos sistemas de telecomunicacións. Neste caso, a acción formativa céntrase nas redes inarámicas e na metodoloxía de avaliación de seguridade OWISAM. Trátase dun curso gratuíto que se impartirá o día 30 de maio en horario de mañá e no que os interesados poderán inscribirse a través da web www.cemit.xunta.es.

O relator deste seminario será un auditor experto en seguridade informática e hacking e os destinatarios da actividade serán, preferentemente, administradores de redes ou sistemas, analistas de seguridade e, en xeral, a perfiles técnicos cuxa actividade estea relacionada coa seguridade.

O seminario comezará ofrecendo unha introdución nos estándares e o futuro das redes wifi. Revisaranse os principais riscos e necesidade de securizar a rede para, finalmente. Centrase na metodoloxía OWISAM, os seus principais controis e a súa utilización. Esta tecnoloxía xorde co obxectivo de definir unha metodoloxía aberta e colaborativa capaz de dar resposta á necesidade de pór en común controis de seguridade que se deben verificar sobre redes de comunicación inarámicas. A metodoloxía OWISAM é Creative Commons, estando permitido o seu uso e reprodución por calquera persoa.

20 de maio de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.