Emprego e formación. Acreditación de Competencias Profesionais
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en diferentes unidades de competencia das familias profesionais:
Administración e Xestión, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga, Edificación e Obra Civil, Fabricación Mecánica, Hostalaría e Turismo, Industrias Alimentarias, Instalación e Mantemento, Madeira e Moble, Química, Sanidade, Servizos Socioculturais e á Comunidade e Transporte e Mantemento de Vehículos.Requisitos:
Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
– No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia II e III. Para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos dous anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
– No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III.
As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinaria ou modular), ou realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.
Os trámites poden facerse en: http://sede.xunta.es co procedemento ED517B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2013.
Máis información no DOG do 20 de maio de 2013 e en www.edu.xunta.es/fp