Eliminación da publicidade en estruturas e mobiliario urbano do Carballiño

Retirada de carteis dos farois
O Concello do Carballiño iniciou o proceso de limpeza das rúas, e máis en concreto de eliminación de carteis, anuncios e ofertas de emprego, que nos últimos tempos estaban a aparecer pegadas nos farois, paredes e resto de mobiliario urbano da vila carballiñesa. Este tipo de accións están reguladas na ordenanza municipal de boas prácticas veciñais, e dende o concello preténdese informar da súa existencia e cumprimento, antes de iniciar a sancionar polo seu incumprimento.
Nas pasadas semanas operarios do concello están a retirar todas estas publicidades e ofertas de emprego das zonas onde esta prohibido colocalas. Estes papeis e panfletos estanse a entregar no propio concello dende onde se procede a chamar aos teléfonos que aparecen nestes, para informais de que non poden colocalos neses lugares, para evitar futuras sancións.
A ordenanza de boas prácticas veciñais do concello do Carballiño recolle no seu artigo 27 sancións que poden ir dende os 100 euros, por faltas leves, a 3.000 euros por faltas moi graves. O concello quere evitar que estas prácticas se sigan sucedendo, para manter a vila limpa, e polo tanto non dubidasen en sancionar no caso de que algunha destas empresas ou particulares reitere na colocación deses anuncios.