El Combo Colombiano e Poceiro abren a XLI do Viño Tinto do Salnés que se celebra en Barrantes
Trece postos de degustación de viño tinto e a actuación das orquestas Poceiro e El Combo Colombiano dan o pistoletazo de saída á XLI Festa do Viño Tinto do Salnés, que se celebra durante toda a fin de semana en Barrantes, Ribadumia. Gastronomía, cultura e deportes é a aposta do Concello de Ribadumia para render homenaxe a este viño gamberro.
A inauguración da festa realizase ás 13.00 horas, coa apertura dos Trece stands de venda de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonas. Poceiro e El Combo colombiano porán a música na Avda. Bouza Martin a partir dás 22.00 horas.
Aproximadamente douscentos colleiteiros de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonos presentáronse este ano a concurso. As catas finais serán o sábado, ás 12:15 horas na Carballeira de Barrantes. Nese momento investiranse aos valedores de 2013 dos viños tintos do Salnés e ao embaixador do Tinto de Barrantes. O monologista e actor galego Pepe Suevos, será o encargado de ler o pregón. Tamén na Carballeira de Barrantes haberá unha degustación gratuíta de viño tinto de Barrantes, chourizos e pan de millo e a actuación da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e a Charanga CB. A comida de confraternidade, na que participarán preto de 600 persoas, será ás 14:30 horas. Alí se darán a coñecer aos colleiteiros gañadores da XLI Festa do Viño Tinto do Salnés.
Pola tarde será a quenda dos nenos, coa Festa Infantil na Praza do Concello ás 19.00 horas. As orquestras Costa Oeste e Marbella serán as encargadas de amenizar pola noite a festa. O domingo preto de 2.000 participantes daranse cita na segunda Ruta BTTinto, que percorre os montes e camiños forestais de Ribadumia e de Meis, e este ano conta coa novedade dunha proba tipo duatlon e unha andaina. Xa pola tarde, entregaranse os premios do II Concurso Escolar de Comic e Historietas da Festa do Viño Tinto do Salnés e celebrarase unha nova edición do Festival de Bandas, coa Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, a Banda de Música Municipal de Ribadumia e a Banda de Música de Puente Ledesma. As dúas citas son na Praza do Concello. A noite estará amenizada co espectáculo da orquestra Panorama, na Carballeira de Barrantes.