publicidade hoxe

eHabilis, modelo de éxito de e-learning na nube

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

eHabilis leva dando máis de 8 meses un servizo de e-learning na nube con soporte funcional e técnico permanente. Trátase dun bo exemplo de empresa galega que grazas á tecnoloxía ten conseguido internacionalizar a súa produción e acceder a un mercado mundial.

Neste tempo a plataforma e o servizo que a empresa ofrece á medida dos seus e das súas clientes alcanzou un volume de persoas usuarias superior aos 30.000 alumnos  e alumnas e máis de 25 organizacións en diferentes países que depositaron a súa confianza no proxecto.

Entre as súas principais características encóntranse:

– Plataforma de formación virtual cun estudado deseño que a converte na ferramenta áxil e de doado uso que necesita o mercado
– Preséntase acompañada dun servizo permanente de soporte técnico e funcional
– eHabilis ofrécese ás e aos clientes na nube para que se despreocupen de todos os aspectos técnicos e poidan dedicar os seus esforzos a mellorar a formación virtual
– Dende www.ehabilis.es calquera usuario ou usuaria pode decidir o tempo que desexa ter a plataforma operativa e para que volume de persoas usuarias. Baixo estes parámetros eHabilis está a disposición da ou do cliente nun máximo de 2 horas.

O que ofrece eHabilis no seu modelo de e-learning na nube

Ehabilis preséntase como unha ferramenta áxil, flexible e adaptable ás necesidades e características de cada cliente. Calquera usuaria ou usuario interesado dende o website do produto www.ehabilis.es pode acceder á demo como usuaria ou usuario alumno, docente ou administrador http://www.ehabilis.es/es/recursos/demo_on-line.

eHabilis é unha solución perfecta para todo tipo de organizacións. É posible contratar a plataforma dende un mínimo (unha organización que desexa impartir un curso dun mes a 100 alumnos e alumnas) ata grandes organizacións cun gran volume de usuarios e usuarias. O custo medio por persoa usuaria rolda os 1,5 euros/mes en función do tipo de soporte seleccionado http://www.ehabilis.es/es/explora_eHabilis/precios.

E é que esta plataforma de e-learning acompáñase dun servizo permanente de soporte técnico e funcional. Tal como indica Brais Martínez, responsable do produto, “na nosa empresa como desenvolvedores de proxectos de e-learning e xestión do coñecemento somos conscientes que manter un soporte e contacto permanente cos nosos usuarios é un valor engadido. Aínda hoxe en día moitas implantacións de e-learning fracasan polo seu mal uso. Con eHabilis nunca quedas colgado”.

eHabilis foi deseñada dende os seus inicios cunha clara vocación internacional, xa que o elearning é unha necesidade aplicable a calquera país. Actualmente está dispoñible nos idiomas español, inglés, alemán, portugués, portugués de Brasil, galego e catalán.

Actualmente a empresa galega www.sdweb.es, que dá soporte a eHabilis, está a ampliar a súa rede de partners a nivel mundial e, especialmente no mercado de América Latina. Tal como indica Antonio Carro, responsable de estratexia e innovación da factoría de software Sdweb “estamos nun momento de crecemento e buscamos empresas interesadas en distribuír e desenvolver eHabilis, as marxes comerciais e características son moi vantaxosas polo que animamos a todos os interesados a contactar connosco e poñernos a traballar”

7 de maio de 2013 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.