publicidade hoxe

Dodro organiza a actividade interxeracional “Historias dunha vida”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

09052013-20O mércores día 15 de maio, ás 11 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, organízase unha actividade interxeracional na que formarán parte alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI e participantes dos Talleres de Memoria e Alfabetización de adultos. A actividade, organizada polo Concello de Dodro, consiste en Contacontos co título “Historias dunha vida” na que participarán as dúas xeracións. A actividade está aberta a toda a poboación.

9 de maio de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.