Día Mundial sen Tabaco en Monforte
O día 31 de Maio celébrase o DIA MUNDIAL SEN TABACO. Con tal motivo a UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS instalará unha mesa informativa. Para obter máis información sobre o tabaco e como deixalo o persoal da UAD estará no Cardeal o venres, día 31 de Maio, durante a mañá.
Ademais de informarnos e coñecer os problemas de saúde a que predispón o prexudicial hábito de fumar, todos deberíamos buscar alternativas máis sans ao cigarro, xa que moitas son as persoas que refiren fumar para quitar a súa ansiedade, para non comer ou porque están aburridos, entón, para calmar a nosa ansiedade ou para non comer alimentos nocivos, cambiar cigarros por froita é un bo e orixinal recurso.
E iso faremos ese día, darémosche unha froita a cambio do teu cigarro. Dende o concello agradecen ao Supermercado FAMILIA a súa colaboración cedendo gratuitamente a froita que se repartirá.
O tema do Día Mundial Sen Tabaco 2013 é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco.











