Día das Letras Galegas en Cabanas
A Concellería de Cultura e Deporte de Cabanas xunto co Departamento de Dinamización Lingüística e o Departamento da Biblioteca do C.E.I.P. Eladia Mariño convocaron un concurso co gallo de render homenaxe á figura do autor Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas.
Neste concurso tomou parte todo o alumnado do centro cabanés, establecéndose diferentes categorías segundo a idade dos participantes: Infantil, primeiro ciclo, segundo ciclo e terceiro ciclo.
Cada autor escolleu o formato no que desexaba participar, podendo ser este ilustración, poema, pictograma, proxectos biográficos, etc. A elaboración dos traballos fíxose tanto de xeito individual como colectivo, podendo formarse grupos de ata un máximo de tres participantes.
Os traballos resultantes están expostos nos taboleiros do C.E.I.P. Eladia Mariño, e o Concello de Cabanas, en colaboración coa Libraría Xicos, concedeu unha serie de premios os gañadores de cada curso dos que se fará entrega este próximo xoves, 16 de maio, ás 11:30 horas.