Desbroce de viais e camiños públicos no Concello de Cerdedo
O Concello de Cerdedo informa de que a brigada municipal de obras vai iniciar os traballos de desbroce e sulfatado dos viais e camiños públicos do municipio.
Para estes traballos empregarase sulfato totalmente ecolóxico e biodegradable, inocuo para os animais (glifosato 45%) e levarase a cabo por persoal do Concello totalmente cualificado e autorizado para este fin (curso de manipulador de produtos fitosanitarios).
Se algún veciño NON quere que as zonas onde teñen propiedades sexan sulfatadas, deberán contactar co Concello antes do día 3 de xuño no 986 75 30 06 ou no 626 990 997. Todos aqueles veciños que opten por NON permitir as labores de sulfato deberán manter limpas estas zonas baixo a súa responsabilidade.











