Decenas de pais e nais asisten na Casa de Cultura de Ordes á charla sobre os riscos e oportunidades das redes sociais

Público asistente á charla
“Riscos e oportunidades das redes sociais”. Baixo este título ofreceurse onte unha charla especialmente dirirxida a pais e nais dos alumnos dos IES Nº 1 e do Maruxa Mallo. Unha ponencia na que todos eles tiveron a oportunidade de formular as súas dúbidas e de coñecer de primeira man o correcto uso das novas tecnoloxías no seu proceso formativo e educacional. A charla será ofrecida en diferido por Radio Ordes o vindeiro martes ás 17 horas.