publicidade hoxe

Curso de Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade en Santiago de Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela,  dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Número de horas: 140.

Nº de prazas: 30

Contidos:

Análise da realidade xuvenil en distintos ámbitos.
Aplicación de estratexias e contidos das políticas de xuventude.
Organización de servizos de información xuvenil.
Xestión de servizos de información xuvenil.
Procesos de innovación informativa
Aplicación dos fundamentos da información xuvenil.
Análise de procedementos aplicables ao proceso de información xuvenil.
Estruturación do proceso de información xuvenil.
Aplicación de recursos específicos da información xuvenil.

Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial.

Datas de realización: do 27 de xuño ao 23 de setembro de 2013.

Xornadas presenciais: terán lugar no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago. A asistencia á sesión presencial do curso é obrigatoria.

Sesión presencial: 27 de xuño, horario de 18.00 a 19.30 h.

Exame final presencial: 23 de setembro, horário de 11.30 a 12.30 h.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do 11 de xuño de 2013.

27 de maio de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.