Curso de Monitor/a de tempo libre en Curtis
O Concello de Curtis convoca un curso de monitor de tempo libre que se celebrará durante o verán en horario de fin de semana de 9 a 14 e de 16 a 21 horas
O prazo remata o día 31 de maio, e será necesario que haxa un mínimo de 20 participantes para que o curso se leve a cabo.
O prezo é de 250 €, pero existe a posibilidade de pagalo en fraccións.
Máis información na OMIX de Curtis, teléfono 981 789 003