Curso de Elaboración de proxectos de animación sociocultural e turística no Espazo Xove de Vilalba
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Elaboración de proxectos de animación sociocultural e turística no Espazo Xove de Vilalba , dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.
Obxetivos: o obxectivo deste curso é que os participantes acaden os coñecementos necesarios para elaboraren proxectos de animación sociocultural e turística.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 26
Nº de prazas: 30
Contidos:
Identificar as necesidades do sector produtivo e relacionalas cos proxectos tipo que as poidan satisfacer; deseñar proxectos, incluíndo e desenvolvendo as fases que os compoñen; planificar a execución do proxecto, determinando o plan de intervención e a documentación asociada e definir os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, xustificando a selección de variables e os instrumentos empregados.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade on-line.
Datas de realización: do 1 ao 22 de xullo de 2013.
Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 horas do 14 de xuño de 2013.