Curso de Animación de lecer e tempo libre no Espazo Xove de CARBALLO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocalXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Animación de lecer e tempo libre no Espazo Xove de CARBALLO ,  dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.

Obxetivos: Proporcionarlle  uns coñecementos básicos sobre  a pedagoxía e recursos do lecer e tempo libre as mozas e mozos interesados no tema.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

Número de horas: 80

Nº de prazas: 25

Contidos:

Pedagoxía do lecer e do tempo libre.
Desenvolvemento de proxectos de lecer e tempo libre.
Recursos de lecer e tempo libre.

Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade a distancia con exame final presencial.

Datas de realización: do 3 de xuño ao 29 de xullo de 2013.

Exame final presencial: luns 29 de xullo ás 12.00  horas no Espazo Xove de Carballo.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do luns 20 de maio de 2013.

3 de maio de 2013 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.