publicidade hoxe

Culleredo recibe 200 judocas no pase de grao que se celebrará o domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoDeportesLocal
A-
A+

Máis de 200 judocas, dende os 6 anos de idade, participarán o domingo en Culleredo no pase de grao, proba que medirá a súa evolución no deporte. Terá lugar o próximo domingo 26, no pavillón municipal do Burgo, dende as 10.30 horas, organizado por Judo Club Culleredo e Axiña, en colaboración co Concello.

Familiares e amigos acompañarán os deportistas neste evento que se celebra 2 veces ao ano para que para ser participes dos avances e melloras que alcanzan na práctica do judo. En este pase de graos descubrirase a evolución que os deportistas foron alcanzando ao longo
do presente curso escolar, ao ver se conseguen ou non cambiar a cor do seu cinto.

Para os nenos e nenas que asisten con frecuencia a adestramentos de judo en diferentes Centros Educativos da provincia da Coruña, este é un día moi importante xa que poden regresar a casa coa nova cor de cinto que tanto esforzo lles custou alcanzar.

A entrada é totalmente gratuíta para que todos aqueles que queiran gozar dun domingo diferente ou mesmo coñecer un pouco máis de preto este deporte, poidan achegarse ata dito pavillón e gozar coas técnicas que levarán a cabo os nenos. Ademais e como broche final a unha mañá de nervios para os judocas, poderán gozar de inchables para celebrar a clausura do curso escolar de judo

23 de maio de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.