publicidade hoxe

Cotobade contrata 12 desempregados para tarefas de desbroce, mantemento e acondicionamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+
Grupo de traballadores contratados

Grupo de traballadores contratados

O Concello de Cotobade realizou a contratación de 12 desempregados ao abeiro do Plan de Fomento do Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra.

Estes doce traballadores, nos cales hay tres mulleres, serán os encargados de realizar os seguintes servizos:

SERVIZO DESBROCE MECÁNICO (TRACTORISTA): actividade de mantemento e conservación orientase cara a limpeza e desbroce das cunetas, mantemento do firme, a realización de obras precisas (arranxo de canalización de auga, señalización, etc…) que garanticen unha boa circulación viaria e a limpeza daquelas áreas de titularidade municipal que polo seu estado de alta vexetación e cun elevado risco de incendio forestal é preciso a actuación mediante o desbroce mecánico con tractor

CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE EDIFICIOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS: Mellora, conservación e mantemento das infraestructuras básicas e dos servizos básicos á poboación nos núcleos rurais, entendendo como tal actucións no saneamento público, alumeado público, camiños públicos, beirarúas, sinalización vertical, etc…

Mellora e conservación do patrimonio dos núcleos rurais, é dicir, actuacións naqueles elementos como fontes, lavadoiros, etc…, que polo seu valor histórico deben ser conservados como identidade do concello.

ACONDICIONAMENTO, LIMPEZA E MELLORA DE ÁREAS RECREATIVAS  E ESPAZOS MEDIOAMBIENTAIS: Limpeza e conservación das áreas recreativas e praias fluviais. Trátanse de contornos naturais onde faise necesaria a labor de conservación e limpeza co obxetivo de telas sempre en óptimo estado de conservación, contribuindo o lecer de veciños e visitantes co conseguinte aumento do atractivo de Cotobade de cara a potenciación de tódolos sectores que teñen que ver co ocio:

Área recreativa/piscina fluvial de Carballedo

Área recreativa/piscina fluvial de Pozo Negro (Rebordelo)

Praia fluvial de Xesteira (Almofrei)

Área recreativa da Soldada (Vilanova)

Praia fluvial de Calvelo (Tenorio)

Área recreativa de Calvelo (Tenorio)

Piscina fluvial de Cabanelas (Viascón)

Carballeira de S. Xusto (S. Xurxo de Sacos)

Carballeira de Cuspedriños (S. Xurxo de Sacos)

Mantemento, conservación e limpeza dos camiños rurais nas 13 parroquias de Cotobade, favorecendo o benestar do veciños e conseguese aumenta-lo valor medioambiental e paisaxistico.

Conservación e limpeza da ruta de senderismo PR-G 29, de tal xeito que os traballos de limpeza e conservación da mesma fanse necesarios para mantela en óptima situación de servicio.

Actuación de conservación e limpeza que Cotobade ten catalogadas como Zonas LIC, a Serra do Cando e Río Lérez.

29 de maio de 2013 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.