Convocada a XIV edición 2013 do Premio Risco de creación literaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

Esta mañá aprobouse en Xunta de Goberno a convocatoria do Premio Risco de creación literaria, que neste 2013 acada a súa XIV edición. Este premio está organizado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco. As persoas que dexesen participar teñen ata o 1 de outubro para entregar solicitudes. A obra gañadora conleva un premio de 6.000 e a súa publicación.

O Premio Risco de creación literaria, ten como fin abranguer os diferentes campos da obra, non só do que foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez – Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.

A este galardón se poderán presentar novelas, conxunto de relatos, ensaios, etc. – quedando excluídas teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais -, sempre que se cumpran as bases da convocatoria.

Neste 2013, o Risco de creación literaria acada unha especial relevancia, xa que se conmemora o 50 aniversario do seu pasamento. A iniciativa deste premio partiu no seu día da Fundación Vicente Risco, e foi acollida polo Concello, tendo como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente de Antón Risco, como é o da Literatura Fantástica. Desde o ano 2006, o premio pasa a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.

Escritores como Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Isidro Novo, Xosé Vázquez Pintor ou Hixinio Pontes gañaron este premio tan importante para a nosa cidade.

30 de maio de 2013 | 15:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.