publicidade hoxe

Convenio de colaboración para a realización de cursos de verán da UNED

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá un convenio de colaboración para a realización de cursos de verán da UNED coa súa directora, Beatriz Martínez.

A organización destas actividades formativas pode materializarse grazas a “constante colaboración do Concello de Pontevedra”, segundo as declaracións da académica, que neste ano pode ampliar a oferta a cinco cursos que abranguen as áreas das ciencias sociais e xurídicas.

Estas iniciativas formativas, sinalou Lores, que terán lugar entre o 1 e 12 de xullo, aportan non só unha innegable función didáctica, senón que proporcionan unha visión turística e cultural a aqueles que visitan Pontevedra para a asistenza a tales cursos.

A inscripción pode realizarse a traves da páxina web de UNED Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com/) dende o 14 de maio e ata o día de celebración dos cursos.

29 de maio de 2013 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.