publicidade hoxe

Continúan as actividades dos sábados +XTí na Casa da Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

Un fin de semana máis, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, dirixida por Carmen Basadre, ten programadas distintas actividades que se celebran os sábados, en horario de mañá e tarde, na Casa da Xuventude e organizada dentro do programa +Xti no que colabora o Plan Nacional sobre Drogas.

As actividades, organizadas dentro do programa Sábados +xTi, destínanse a mozos de 12 a 19 anos de idade e son gratuítas. O calendario de actividades desenvólvese todos os sábados ata acabar o mes de xullo.

Para este sábado, día 18 de maio, están previstas as seguintes: Parkour entre as 11.00 e as 12.30 horas e entre as 12.30 a 14.00 horas, xa pola tarde, entre as 17.00 a 18.30 horas haberá actividades de Urban Dance e entre as 18.30 e as 20.00 horas de Defensa Persoal.

16 de maio de 2013 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.