publicidade hoxe

Contacontos “Xogando coas palabras” en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

A Biblioteca de Sober desenvolverá a partir das 12:00 horas de mañá martes 14 de maio, a actividade de contacontos ‘Xogando coas palabras’ a cargo de Sarabela Teatro, de Ourense. Participarán todos os nenos e nenas de Sober, os nenos e nenas do PAI e un grupo de persoas adultas do Centro de Día da Asociación Agora de Monforte.

O acto enmárcase no programa ‘Ler conta moito’ que Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia oferta ás bibliotecas integradas na rede para realizar actividades relacionadas co fomento da lectura.

13 de maio de 2013 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.