publicidade hoxe

Confirmada a presenza dun cento de buhoneiros nas festas de Santa Rita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Un cento de buhoneiros xa confirmaron a súa presenza nas Festas de Santa Rita de Vilagarcía, sumando as solicitudes presentadas para a instalación de atraccións de feira e as de postos de venta ambulantes. O número total aínda pode verse incrementado cos vendedores que tradicionalmente só acoden á celebración o propio día da romaría e se colocan na contorna de Vistalegre, máis a un grupo de buhoneiros que aínda non se puido contabilizar por presentar o escrito a última hora.

As Festa de Santa Rita 2013 contarán tamén este ano co atractivo que aportan as numerosas atraccións de feira e postos de venta ambulante de todo tipo. O centenar de solicitudes presentadas no Concello -que este ano xestiona directamente o uso do chan público para este tipo de actividades- divídense en 28 atraccións a instalar na explanada TIR, 70 postos de buhoneiros a distribuír entre o Parque Miguel Hernández e a zona de Vista Alegre, e as dúas carpas de pulpeiras que se colocan á beira do Con. Entre os permisos solicitados polos vendedores ambulantes atópanse postos de todo tipo: venta de patacas fritidas, churros, pan, rosquillas, velas, casetas de tiro, bisutería, libros, artesanía, roupa, complementos, láminas e debuxos….

Esta tarde está previsto que se proceda ao reparto e distribución do espazo que ocuparán as 28 atraccións de feira a instalar na explanada TIR. O acto comezará ás 17:00 horas. Mañá pola realizarase a mesma operación no Parque Miguel Hernández, nesta caso, cos buhoneiros que solicitaron permiso para instalar postos de venta.

14 de maio de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.