Conferencia sobre Seguridade en Internet en Neda
O Concello de Neda organiza mañá mércores, 15 de maio, a Conferencia sobre Seguridade en Internet. A cita terá lugar no local social de Anca a partir das seis da tarde. A charla forma parte do programa Maior Seguridade e estará impartida por persoal formador da Garda Civil. Está especialmente pensada para pais, nais, persoal coidador e educador, co ánimo de informalos dos posibles riscos que poden aparecer cando os menores utilizan Internet e as redes sociais e, ao mesmo tempo, dotalos dos instrumentos necesarios para que eviten ou minimicen eses posibles perigos facendo que o uso das novas tecnoloxías sexan o máis seguras posibles.