publicidade hoxe

Conferencia sobre o comportamento dos pais e nais no deporte base

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalTui
A-
A+
Presentación da charla

Presentación da charla

Baixo o título de “Xogas?” o Teatro Municipal de Tui acolle o próximo martes, 14 de maio, ás 20h unha conferencia divulgativa sobre o comportamento dos pais no deporte. Esta actividade está organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui e do Tyde F.C.

A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá na Área Panorámica a cargo do concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e do coordinador do Tyde, José Manuel Quintana.

A actividade comezará ás 20h cunha conferencia a cargo do psicólogo deportivo e adestrador Antonio Piñeiro. A continuación haberá unha mesa redonda na que participará un xogador da primeira plantilla do Celta de Vigo, o padeeiro Manu Garrido, e o árbitro de Segunda División, David Pérez.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, explicou que esta é unha conferencia moi importante sobre todo ante o que está acontecendo nalgunhas instalacións deportivas. Nese senso sinalaba que “o deporte está collendo unha dimensión problemática ao meter demasiada presión ao cativos” que están no deporte para disfrutar e divertise. 

Nicolás Lorenzo avanzou que nos próximos orzamentos incluirán unha partida para becas para a formación de adestradores, do mesmo xeito que este ano convocaron as becas para deportistas de elite. Apuntaba que a formación é tamén fundamental, ao tempo que salientaba a labor que os adestradores realizan inculcando valores clave aos nenos e nenas.

O coordinador do Tyde, José Manuel Quintana, destacou que é moi interesante promocionar este tipo de conferencias sobre cal debería ser o comportamento dos pais no deporte base. Explicaba que vai orientado a que os pais teñan paciencia cando están no campo, respecten aos árbitros e as condicións de cada neno. Sinalaba que os grandes deportistas teñen pais tranquilos e relaxados.

Jose Manuel Quintana fixo referencia amais ao II Torneo de Fúbtol 7 Base da Eurocidade que se vai celebrar o sábado 18 e domingo 19 deste mes de maio nas instalacións municipais Álvarez Durán. Será nas categorías alevín e benxamíns con nenos de Tui e Valença.

9 de maio de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.