Concilia Verán 2013 en Allariz

O programa Concilia Verán do Concello de Allariz abre o prazo de presentación de solicitudes a partires de hoxe, 14 de maio. Os pais interesados nesta proposta para o entretemento dos cativos durante o período estival poderán presentear as súas solicitudes ata o 14 de xuño.
Trátase dun espazo de lecer para os nenos e nenas de Allariz durante as vacacións de verán. Para maior información, contactar coa Casa da Cultura de Allariz ou ben na páxina web do concello.











