Concertos e teatro no programa conmemorativo das Letras Galegas no Concello de Mos
A alcaldesa de Mos e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, presentaron esta mañá na Biblioteca Municipal o cartel e a programación conmemorativos do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro venres, 17 de maio, na honra de Roberto Vidal Bolaño. O cartel foi deseñado polas alumnas traballadoras da especialidade de Deseño Gráfico do Obradoiro de Emprego Alfacuca III.
O programa deste ano conta cun concerto o propio día 17 ás 20.00 horas no Multiusos das Pozas a cargo do Grupo de Zanfonas Os Chavellos de Pereiras e a arpista e cantante Marta Quintana.
Ó día seguinte, sábado 18 de maio, realizarase unha actividade na Biblioteca Municipal a partir das 11.00 horas consistente nunha obra dirixida a público infantil titulada Mario e interpretada pola compañía Matapiollos Teatro.
Neste sentido a edil de Cultura declarou que “este ano quixemos vincular a actividade de teatro que se realizará o sábado á Biblioteca Municipal utilizando esta como esceario, para aproveitar a celebración do Días das Letras Galegas fomentando ó mesmo tempo o saudable hábito da lectura entre os nenos e nenas do noso municipio”. Cebreiro asegura que “iniciativas coma esta son un bo xeito de facilitar que os cativos mosenses coñezan a Biblioteca Municipal, que é un servizo completamente gratuíto do que todo veciño pode beneficiarse facéndose socio e que reporta enormes gratificacións a nivel cultural a quen fai uso del”, explicou a concelleira.