Concerto de Narf en Allariz
O Concello de Allariz acollerá este sábado, 11 de maio, ás 20.30 h., o concerto de Música con Risco de “Narf”. O espectáculo, de entrada libre aínda que con aforo limitado, terá lugar no Acea da Costa.
“Narf” é a proposta escénica de Fran Pérez, músico que desde anos enche os escenarios coas súas composicións que imanan Galiza e Mozambique.











