publicidade hoxe

Concello e Xunta colaborarán para mellorar a seguridade viaria no tramo carrilexo da Avda. Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde, Tomás Fole, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, desprazáronse esta mañá ata Carril co obxectivo de concretar unha actuación de mellora da seguridade viaria no último tramo da Avenida de Rosalía de Catro, vía cuxa titularidade corresponde á administración autonómica. Os responsables políticos estiveron acompañados por técnicos municipais e da Xunta co obxecto de determinar as alternativas existentes para instalar u novo semáforo na zona.

A visita do delegado da Xunta responde ás xestión realizadas polo alcalde en atención ás peticións realizadas por veciños e colectivos de Carril que solicitaban ao Concello a adopción de medidas tendentes a mellorar a seguridade viaria na zona, especialmente a dos peóns, xa que de trata dunha avenida con moita presión demográfica e que rexistra unha elevada intensidade de tráfico rodado.

Políticos e técnicos percorreron o último tramo da avenida para comprobar o emprazamento dos pasos de peóns e determinar as posibles ubicacións dun semáforo tendo en conta tanto a eficacia segundo criterios de seguridade viaria, como a viabilidade técnica. Entre as alternativas que se manexan son instalar o semáforo no paso de peóns á altura do número 193 de Rosalía de Castro, ou no cruce do acceso ao instituto de Carril.

Tendo en conta que se trata dunha vía de titularidade autonómica, a actuación levarase a cabo a través da colaboración entre esta administración e a municipal. A actuación precisará adquirir parte do equipo técnico (regular e módulos lumínicos leed) xa que o Concello pode aportar os báculos de metal que soportan os semáforos, posto que xa os ten entre as súas existencias de material. Ademais, o Concello ofrécese a ampliar a súa colaboración facilitando a man de obra necesaria para acometer as obras.

REUNIÓN COS VECIÑOS

O alcalde convocará aos veciños que solicitaron a colocación do semáforo para expoñerlles al alternativas existentes. A reunión celebrarase o vindeiro luns e contará coa asistencia do delegado territorial da Xunta.

9 de maio de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.