Concedida a achega de 25.000 € ó Grupo Deportivo Froiz e unha subvenciona de 6.000 € a Támara Echegoyen
A Deputación Provincial de Pontevedra segue comprometida no apoio ós clubs deportivos da provincia e hoxe mesmo fixo entrega das correspondentes resolucións polas que se lles conceden axudas ó Grupo Deportivo Froiz, ó Club Kayak Polo de Combarro e á deportista olímpica Támara Echegoyen.
A deputada Ana Isabel Vázquez reuniuse hoxe co responsable do equipo Froiz, Evaristo Portela, con quen analizou a situación do ciclismo en Pontevedra (que este ano volverá a se converter nun referente nacional e internacional debido á saída da Volta a España nesta provincia e ós múltiples eventos paralelos que con tal motivo se están a organizar), e tamén as perspectivas e funcionamento diario do Grupo Froiz.
Neste senso, os dous coincidiron na relevancia deste equipo, que cada día gana máis peso a nivel nacional e que está desenvolvendo un gran labor de promoción deste deporte na provincia.
Ana Isabel Vázquez entregoulle ó responsable do club a resolución pola que se lle conceden 25.000 euros para que poida seguir participando en probas deportivas oficiais e obtendo éxitos que contribuan a difundir o nome de Pontevedra.
Preparación dos xogos olímpicos
Así mesmo, a deportista olímpica pontevedresa Támara Echegoyen recibiu da Deputación 6.000 euros, cos que a administración provincial quere contribuír a financiar a preparación desta gran deportista de cara ós xogos olímpicos de Río 2016, que son a próxima gran meta de Echegoyen.
En Londres 2012 conseguiu o ouro olímpico como patroa do Elliot Match Race. Agora prepárase xunto a Berta Betanzos para participar en Río 2016 na modalidade de vela 49er FX.
Club Kayak
Pola súa banda, o Club Kayak Polo de Combarro recibiu tamén da deputada Ana Isabel Vázquez a resolución pola que se lle concede unha achega de 2.000 euros co obxectivo de que poida seguir participando en competicións oficiais.