Comezaron os simulacros de emerxencias no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Simulacro nas oficinas de Correos

Simulacro nas oficinas de Correos

Aproveitando o simulacro que periodicamente deben realizar nas oficinas de Correos, as forzas de seguridade puxeron en marcha o operativo básico para situacións de emerxencias. Desta forma ás 8:12 minutos deste martes, 7 de maio, os traballadores da oficina de Correos do Carballiño saían á rúa por un finxido incendio que se producía no interior destas oficinas. Nese mesmo momento foron alertadas as forzas de emerxencia, que chegaron pasados apenas 4 minutos.

A Policía Local procedeu ao corte da rúa onde se sitúa a citada oficina, e deixaron libres as rúas polas que debía acceder o camión de bombeiros, que chegaba un minuto despois. Nada máis chegar os membros do Grumir procederon a desenvolver o operativo tipo en situacións de incendio, entendendo que en poucos minutos podería ter estado sufocado o lume en caso de producirse.

Nas próximas semanas realizaranse novos simulacros noutros puntos da vila, sobre todo naqueles lugares onde adoitan darse concentracións de xente, como a rúa Principal, ou en centros de traballo e edificios municipais.

7 de maio de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.