publicidade hoxe

Comeza o curso de Atención Socio Sanitaria á Terceira Idade organizado pola OMIX

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Ante a grande demanda que se está a rexistrar  na área socio sanitaria, a Oficina Municipal de Información Xuvenil  (OMIX) de Gondomar pon en marcha un curso de ATENCIÓN SOCIO SANITARIA Á 3º IDADE de 130 horas de formación.

O curso dará comezo o 6 de maio no Centro de Neural  do municipio e contará con 130 horas de formación; das cales 90 serán teóricas e impartidas do 6 de maio ao 6 de xuño. As 40 horas restantes dedicaranse á realización de prácticas en centros de terceira idade.

Esta acción formativa está dirixida preferentemente  a mozos/as de entre 18 e 40 anos, en situación de desemprego cunha formación mínima de ESO, graduado escolar ou equivalente.

Este curso xorde ante a necesidade de ofrecer unha alternativa de formación no lecer e tempo libre e especialización no traballo co colectivo das persoas maiores. Deste xeito, dáse, así,  resposta á demanda deste tipo de formación,  axudando a acadar unha mellora do uso e desfrute do tempo libre dos maiores á vez que se consegue un incremento na calidade de vida dos nosos maiores.

6 de maio de 2013 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.