Comeza a entrada do gando para a XXIX Feiradeza, que se celebrará en Lalín o 1 e 2 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLalínLocalLocal Portada
A-
A+

A entrada de gando desde primeira hora da mañá ao recinto do Campo da Feira marca o comezo da XXIX edición de Feiradeza, certame gandeiro de referencia que se celebra esta fin de semana en Lalín. A chegada de animais prolongarase ata ben entrada a tarde hoxe, coa verificación da documentación e o aloxamento no recinto.

Ás 15.00 horas do sábado arrancará Feiradeza, coa inauguración oficial, para dar paso de seguido ao inicio do concurso, seccións de xatas e xovencas. Sobre as 17.30 horas prevese que dea comezo a XIX Concurso Subasta de Raza Frisona.

A xornada do domingo iniciarase sobre as 10.30 horas da mañá co concurso de vacas de leite e campionatos. Sobre as 13.30 horas terá lugar a exhibición “Can de palleiro”, unha das novidades incorporadadas este ano. Ás 13.45 horas comezará o XIX Concurso de Manexadores. E as 14.00 horas terá lugar o sorteo dunha xovenca preñada e dunha becerra entre os asistentes.

Aproximadamente sobre as 14.15 horas terá lugar a entrega de premios valorados en 4.400 euros en metálico, que precederá á clausura do certame que conta cun orzamento de 30.000 euros achegados por Concello, Deputación e patrocinadores. En total está previsto que participen máis dun cento de animais en concurso e 9 na poxa.

31 de maio de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.