Clausura e cea de actividades de adultos do curso 2012-2013
O venres 7 de xuño ten lugar a clausura de actividades de adultos ás 20:30 horas na explanada do centro de saúde , nun dos laterais da Casa Consistorial.
Durante o curso de outubro a maio, as actividades ofertadas para tódolos veciños maiores de dezaoito anos foi moi variada. As clases impartíanse nos distintos locais municipais e na Casa do Concello atendendo á demanda dos veciños. Houbo grupos de pintura e manualidades, cestería, informática (iniciación e perfeccionamento), inglés (básico e avanzado), bailes de salón, pilates, aerobic, ximnasia de mantemento e memoria.
O acto de clausura estará presidido polo Alcalde, e contará coa presencia dos monitores e das persoas que asistiron as actividades durante o curso; o tempo que realizarán varias exhibicións que serán do agrado de tódolos asistentes.
Ó finalizar terá lugar a cea, a que poderán asistir todas aquelas persoas que participaron nas actividades neste curso que agora remata. O prazo para anotarse será ata o martes 4 de xuño.