Clausura dos cursos formativos de Coristanco
O Vindeiro venres, 3 de Maio, celébrase o “Acto de Clausura” dos cursos de Informática para adultos, organizados polo departamento de Cultura da Concellaría de Cultura e Deportes de Coristanco.
A oferta formativa incluía 3 cursos:
Básico 1 Microsoft Word 2010 – nivel iniciación ( 2 grupos, dende xaneiro de 2013, 2 horas semanais)
Básico 2 Microsoft Word 2010 -nivel continuación (3 grupos, dende outubro de 2012 ,2 horas semanais,)
Básico de Microsoft Excel 2010 ( 1 grupo,dende xaneiro de 2013, 2 horas semanais)
Cada grupo está composto de 10 alumnos/as., cunha asistencia total de 60 persoas.
O acto de Clausura, que terá lugar no salón de actos do Edificio de Servizos M. de Coristanco ás 12:00 h., estará presidido polo Sr.Alcalde do Concello, D. Antonio Pensado Plágaro, e acompañado polas Concelleiras de Cultura e Deportes, Dna. Clarisa Couto Castro e a Concelleira de Servizos Sociais,Dna. Angeles Eiroa Villar, que farán entrega dos diplomas acreditativos.