Clausura das escolas municipais de música
O Salón de Actos municipal albergou hoxe o acto de clausura do curso 2012/2013 das escolas municipais de música, no que participaron uns 40 alumnos. Ao longo dunha hora, os alumnos interpretaron catorce versións a guitarra e a violín moi dispares, dende Mozart ata Queen, pasando pola música popular francesa, ou clásicos do rock como os Beatles, Bob Dylan, The Animals ou The Police.