publicidade hoxe

Clausura das conferencias “Páxinas Coruñesas 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Negreira durante a clausura

Negreira durante a clausura

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acudiu á clausura do ciclo de conferencias ‘Páxinas Coruñesas 2013’ organizado pola Comisión Promotora das Cacharelas de San Juan no Sporting Club Casino.

Na súa conferencia o alcalde agradeceu á comisión o seu labor na recuperación da tradicional festa de San Juan e repasou a evolución da festa dende que comezou a realizarse na praia. Destacou que este ano 300 persoas participarán no dispositivo especial de San Juan e incidiu no desexo de conseguir a declaración de interese turístico internacional para a festa.

Neste sentido, Negreira recordou o esforzo do Goberno local por conservar o pasado. Como exemplos, a posta en valor do cemiterio de San Amaro, que recibiu xa máis de 1.300 visitas guiadas; a potenciación da figura de Picasso, cuxo baixo se abrirá, previsiblemente, en xuño; ou o Plan Director de Murallas.

Xunto co coidado do pasado, o alcalde explicou que é necesario xestionar o presente e enumerou algunhas das políticas do Goberno local: vivir como viven os cidadáns; a transparencia; potenciar unha cidade solidaria e inclusiva; fomentar as políticas de rehabilitación; apostar pola educación, deportes e xuventude; ou impulsar a cultura. Tamén fixo referencia á aprobación do PGOM; a remodelación do Parrote; o impulso das infraestruturas como a Terceira Rolda ou a ampliación de Alfonso Molina; a rehabilitación da Fábrica de Tabacos; ou proxectos de futuro como Coruña Futura ou Smart City que axudarán a recuperar á cidade o seu papel de referente do noroeste español. O alcalde concluíu mostrando o seu compromiso coa loita polo emprego e agradeceu ás 24 entidades que asinaron o Pacto polo Emprego a súa colaboración.

24 de maio de 2013 | 22:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.