Circuíto de educación viaria na praza da Alameda de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O Concello de Verín e Asociación de Empresarios/as de Verín (AEVER)-CCU Verín promoven para o vindeiro 15 de xuño, na praza da Alameda da localidade, a realización dun circuíto de educación viarias, que ademais de buscar a sensibilización dos/as menores nas formas correctas de comportamento en educación e seguridade viaria, ten por obxecto a promoción económica do comercio tradicional. 

Este circuíto de seguridade viaria está conformado por unha pequena cidade con sinais de tráfico, semáforos e pasos de peóns que os/as menores deben percorrer, en quince karts de pedais, cumprindo as normas de seguridade viaria. O horario desta iniciativa será de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas e está dividida en tres franxas de idade: de 3 a 6 anos, de 7 a 9 e de 10 a 14 anos.

Para poder acceder a este circuíto de 2.500 metros cadrados será necesario achegar a entrada correspondente, que será entregada nos establecementos asociados de AEVER-CCU Verín tras efectuar compras nos mesmos. Devandita iniciativa, xunto coa Master Class de bailes urbanos a cargo de Eva Juan -finalista do programa televisivo Fama 2 “A Bailar”-, súmase ás realizadas por esta asociación ao longo deste ano co obxecto de potenciar o comercio local.

22 de maio de 2013 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.