publicidade hoxe

Charla sobre o dereito de sucesión en Galicia organizada pola mancomunidade de Ordes e a asociación cultural Moita Leria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Instante da charla

Instante da charla

A Casa da Cultura de Mesía acolleu recentemente a charla ‘Ideas básicas sobre Dereito de Sucesións en Galicia’. Unha cita completamente de balde para todos os asistentes e organizada pola Asociación Cultural Moita Leria e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Nela abordáronse aspectos relacionados cos distintos tipos de testamento, a tramitación de sucesións e as súas peculiaridades, o Dereito de Sucesións no ámbito galego, os pactos sucesorios (melloras), as obrigas fiscais ou as sucesións intestadas. Ao fronte desta charla estivo María José Liste González, asesora xurídica de Servizos Sociais e do CIM da Mancomunidade de Ordes.

21 de maio de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.