Charla sobre a depresión na Pobra do Caramiñal
O Auditorio do Museo Valle-Inclán acolle mañá venres, ás 20:30 horas, unha charla dentro das Xornadas de Saúde que se están a levar a cabo desde a asociación Madoan (Mulleres en Igualdade) da Pobra do Caramiñal coa colaboración do concello da Pobra e a Clinica do pé Silvia Ayaso.
Na xornada de mañá tratarase o tema da depresión e como convivir coas persoas de tendencias depresivas. Dicha charla correrá a cargo da psicóloga Silvia Tubio Laiño.