publicidade hoxe

Charla da regatista olímpica Sofía Touro no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalO Carballiño
A-
A+

A olímpica Sofia Toro, ofrecerá unha charla este mércores, día 8 de maio, na Casa da cultura do Carballiño, dentro da actividade Espello Deportivo, un proxecto de dinamización ligüística para o deporte, que organiza a Deputación de Ourense, xunto coa rede de Dinamización Lingüística da Xunta, contando coa colaboración das áreas de Deportes e Educación do concello do Carballiño.

Sofía Touro é unha regatista española do Real Club Náutico Da coruña. Compite na modalidade de match race, onde forma equipo coa patroa Támara Echegoyen e Ángela Pumariega, cos cales se proclamou campioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, na modalidade de match race, con barcos da clase Elliott 6 m. Ademais a tripulación, foi campioa de España en 2010 e 2011,1 así como campioa iberoamericana en 20102 e campioa de Europa en 2011.

A charla terá lugar ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Carballiño, e a entrada será totalmente gratuíta.

6 de maio de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.