publicidade hoxe

Centos de persoas celebrarán mañá a VII edición da Tarriomería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

Tarrío está mañá de festa. O colexio celebra a VII Tarriomería, evento que reúne cada ano a centos de pesonas entre pais, alumnos, ex
alumnos, veciños e amigos do centro.

Dende as 10.30 horas, as instalacións do colexio acollerán exhibicións de patinaxe, karate, aerobic, judo, ou ballet; inchables; talleres de maquillaxe, decoración, manualidades, bólas de malabar, pulseiras ou fotografía; actuacións musicais; comida de confraternización;
cuentacuentos; xogos de familia; e baile e karaoke.

Ás 20.00 horas sortearase un xamón entre as persoas que recibiron tícket nas consumicións.

O CEIP organiza este festexo, coa colaboración do Concello, para conmemorar o próximo peche do curso. O alcalde, Julio Sacristán, acudirá á Tarriomería. Está prevista a intervención das autoridades sobre as 13.15 horas.

24 de maio de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.