Cedeira será sede este domingo do Campionato Intercomarcal de Bádminton en idade escolar
A vila de Cedeira será sede este domingo, 12 de maio, do Campionato Intercomarcal de Bádminton. Unha cita cuxa clasificación dará o pase ao Campionato Provincial, que se celebrará o día 25 do presente mes na cidade da Coruña. Organizado polo Bádminton Cedeira coa colaboración do Concello, o torneo arrancará sobre as 10 horas e prolongarase durante toda a mañá, ata as 14,30 horas, cando se prevé lévese a
cabo a entrega de premios.
Os organizadores prevén a participación duns 150 nenos e nenas de entre 9 e 16 anos. En categoría masculina e feminina, disputaranse partidos de benxamín, cría, infantil e cadete. A entrada é libre e gratuíta.