Cedeira será sede da Regata Rías Altas El Corte Inglés xunto a Laxe, Sada e A Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraDeportesLocalLocal Portada
A-
A+
Reunión dos organizadores do evento cos representantes municipais

Reunión dos organizadores do evento co alcalde

Cedeira volverá recibir unha das probas máis carismáticas e tradicionais de toda a Península no que a vela de cruceiros se refire: a Regata das Rías Altas El Corte Inglés, que cumpre este ano o seu corenta aniversario e que pretende converterse en toda unha referencia a nivel nacional e internacional. Para o efecto reuníronse na casa consistorial o alcalde, Leopoldo Rubido, e o concelleiro de Deportes, Pablo Nebril, cos responsables deportivos do evento que organiza o Real Club Náutico da Coruña, Manuel Pedro Seoane, Francisco Souto e Alberto Bolívar, os que trasmitieron ao rexedor a profunda satisfacción do propio Club Náutico e dos participantes por regresar a Cedeira e, máis se cabe, nun ano tan sinalado. A Regata Rías Altas El Corte Inglés celebrarase entre os días 25 e 28 de xullo e terá por bases os portos da Coruña, Laxe, Sada e Cedeira.

25 de xullo – A CORUÑA-LAXE

26 de xullo – LAXAR-SADA

27 de xullo – SADA-CEDEIRA

28 de xullo – CEDEIRA-A CORUÑA

27 de maio de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.