publicidade hoxe

Carral abre o prazo para inscribirse nos Campamentos Deportivos da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLocal
A-
A+

O Concello de Carral acaba de abrir o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos que terán lugar no mes de xullo e que están organizados e financiados pola Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos provinciais que tramitan as inscricións.

Estes campamentos deportivos, están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos que poderán realizar multitude de actividades deportivas e culturais tales como a equitación, vela, tenis, kaiak, fútbol, batuka, capoeira, hipp-hop, etc, así como visitas a centros culturais na cidade da Coruña. Os rapaces/ás estarán aloxados durante unha semana no Colexio Calvo Sotelo. O custo por neno/a é de 85 € que inclúe o transporte interno no campamento, o aloxamento en pensión completa, as actividades deportivas e as visitas culturais. Os asistentes de Carral acudirán na semana do 14 ao 20 de xullo e teñen ata o 16 de maio para apuntarse nas dependencias municipais da Casa da Cultura, no tlfo. 981.67.25.80 ou no correo electrónico deportes@concellocarral.com.

7 de maio de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.