publicidade hoxe

Carme Hermida presenta o libro “Marisa Mirás Gómez ou a importancia de ser de Calo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

Este domingo 19 de maio preséntase en Calo o libro “Marisa Mirás Gómez” de Carme Hermida Gulías, amiga da protagonista da obra e concelleira de Cultura de Teo. A presentación será na Casa Común Marisa Mirás, no lugar da Igrexa, en Calo, ás 13:00 horas. Contará coa presenza do alcalde de Teo, Martiño Noriega, dun representante da familia, dunha persoa da comisión que organiza a homenaxe a Marisa, Paco León, do Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e a propia autora da obra, Carme Hermida.

Esta presentación convértese de facto na primeira actividade da homenaxe que un grupo de persoas do Concello lle rederán nas próximas semanas a Marisa Mirás, falecida hai case dous anos. Con esta iniciativa colabora o Concello, a SR San Xoán de Calo e a A Oliveira. A figura de Marisa está claramente vencellada á parroquia de Calo e a estas asociacións das que formou parte activa. Carme Hermida vén de escribir un libro sobre esta figura, na que ademais de destacar a valía desta muller, se fai un repaso por parte da historia da parroquia de Calo.

A homenaxe continuará o 22 de xuño cando se fará o acto de nomeamento da Casa Común de Calo “Marisa Mirás” ó local da antiga escola no lugar da Igrexa, en Calo. Este nomeamento foi acordado pola corporación municipal no pleno do mes de marzo. Ese mesmo día no CSC da Ramallosa farase un acto de homenaxe e o día pecharase cunha cea en Calo.

16 de maio de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.